CONCELLO:
A súa situación xeográfica é: latitud, 42º56’2 Norte; e a lonxitude de 7º25’5 Oeste, sendo a súa altitude sobre o nivel do mar, de 441 metros.
Ten como río principal o Miño, e complementarios o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. As elevaciones máis destacadas son Pena de Cruz, 783 metros, Pena Aguda, 722 metros, Castro de Croa, 651 metros, Canteira de Vidueiro, 624 metros, Pena de Ladrón, 502 metros, Agra do Outeiro, 451 metros e Penas de Canón, 431 metros, aparte das sierras de Coedo e de Ferveda.
O Corgo está ben comunicado grazas a unha boa rede de infraestructuras que conectan o municipio con Lugo e cos principais núcleos da provincia.
As principais vías de comunicación son a estrada Nacional VI (Madrid- A Coruña) e a Autovía do Noroeste A-6 que atravesa o concello de oeste a leste; a estrada comarcal C-546 de Lugo a Ourense, que atravesa o municipio de norte a sur; e a vía férrea A Coruña-Palencia.
–MES DE FEBREIRO:Martes de Entroido (Festivo local).
–MES DE MAIO:Santo Anxo en Anseán.
Virxe das Virtudes de San Miguel de Pedrafita.
–MES DE XUNIO:Corpus Christi en Santalla.
San Bernabé en Castrillón.
Feiras da Vaca Rubia e do Cabalo en Adai.
Festas en Cela, Segovia (S.Xoán) e Cerced.
–MES DE XULLO:Feira do Cabalo en Adai.
Festas en Adai e Sabarei.
–MES DE AGOSTO:Romaría Folk na praia fluvial do Río Chamoso (Feira de Artesanía).
San Pedro Félix de San Fiz de Paradela.
Festas en Marei (A Nosa Señora), Farnadeiros, Quinte, Abragán, Laxosa, Santa María de Piñeiro (Quetesende), San Andrés de Chamoso e Franqueán (San Roque).
–MES DE SETEMBRO:Festa das Angustias en O Corgo.
Festas en Arxemil.
Santo Cristo de Gomeán.
Virxe dos Remedios de Fonteita.
–MES DE OUTUBROSan Froilán (Festivo local) día 5.
Festa de Campelo.
Feira en Adai o día 13 de cada mes.